Unha ovella devorada en A Bergueira aviva o temor a ataques do lobo na zona

Unha ovella devorada en A Bergueira aviva o temor a ataques do lobo na zona

Na mañá de hoxe apareceu o corpo devorado dunha ovella no espazo de pasto que ocupa un rabaño destes animais en A Bergueira (Trasalba), segundo informa a propietaria do mesmo.

O relato da mesma sinala ó lobo como posible responsable do ataque, e para elo baséase no avistamento de lobos en Punxín e Maside por parte dunha cuadrilla de cazadores de Amoeiro, así como na opinión de axentes do seprona ó recibir a imaxe do óvido atacado que se amosa a continuación.

Ovella

Á espera da visita in situ dos devanditos axentes para establecer xuízos e recomendacións firmes, prégase vixilancia e coidado do gando para previr novos ataques.

Posts relacionados

Leave a Reply