Todo listo para que este sábado, 30 de xullo, podamos gozar da 10ª edición do Slalom de Amoeiro, que este ano está adicado a D. Ramón Vázquez Piñeiro -primeiro organizador deste slalom-.
A proba é puntuable para o campionato Galego da especialidade.
Dará comezo a partir das 11 horas facendo unha parada para o xantar e continuarase pola tarde, cando se decidirá todo.
Cortes de tráfico
O tráfico permanecerá cortado en: rúa Campo do Souto, rúa de Vigo (estrada a Cornoces) e rúa Costureira, non véndose afectado o tráfico na estrada provincial.
Horarios de interés
A partir das 11h estará publicada a lista de autorizados a tomar a saída.
A partir das 12h sairá o primeiro participante na primeira manga de adestramentos.
Xa pola tarde, ás 16.30h, dará comezo a segunda manga de adestramentos.
A continuación darase a saída oficial do slalom que contará con dúas mangas oficiais.
Ao redor das 21.15 horas está prevista a entrega de premios no parque do Souto.
Agradecimento
Desde o Concello de Amoeiro queremos dar o parabén á Escuadra Amoeiro por levar acabo esta proba, que contará coa participación de pilotos punteiros do panorama autonómico.
Ademais da propia competición tamén haberá música DJ e máis sorpresas.
Leave a Reply