O Concello renova o 100% do alumeamento público con luminarias LED

O Concello renova o 100% do alumeamento público con luminarias LED

O Concello de Amoeiro substituíu 350 luminarias do alumeamento público por novas luminarias de tecnoloxía LED. Conclúe con esta actuación, levada a cabo no mes de marzo de 2021, a renovación total do alumeamento público do municipio, que permitirá que o aforro enerxético se sitúe por encima do 60%. Desta maneira, este concello dá un paso máis a favor da eficiencia enerxética.

O obxectivo do proxecto era mellorar a eficiencia enerxética na parte restante da iluminación pública de Amoeiro e reducir o consumo de enerxía, mellorando á súa vez o actual estado da devandita iluminación garantindo ademais a seguridade e o benestar dos veciños.

Devanditos cambios realizáronse en diversos puntos do municipio: Os Arcos, Bubeiras, O Burgo, Cruces, Camiño Real, Liñares,  Rouzós,  Soutomanco, A Teixeira, Vilaboa e o propio Amoeiro. O Concello conclúe practicamente con esta segunda fase de mellora a renovación total do alumeamento público do municipio, que ao necesitar menos potencia (redúcese en máis un 60% o consumo de enerxía), conseguirá tamén un importante aforro económico.

Redución do impacto ambiental

Ademais do aforro económico, o Concello de Amoeiro tamén pretende diminuír o impacto ambiental xerado polo consumo de enerxía das súas instalacións, dando así un paso cara a unha enerxía máis sostible.

O orzamento destinado a realizar as melloras foi en total de 129.741,75 euros e foi cofinanciado con fondos FEDER xestionados polo Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) nun 80%. O  Concello achegou o 20% restante, pero co aforro enerxético e económico que se logrará cos cambios das luminarias, está previsto amortizar o gasto nun período moi curto.

Destacar que o Concello de Amoeiro é dos poucos en Galicia que o 100% do seu alumeamento público está composto por luminarias LED.

Posts relacionados

Leave a Reply