Despois de meses de traballo coordinado entre os concellos de Ourense, Amoeiro, Maside, Carballiño, Irixo, Lalín, Silleda, A Estrada, Vedra, Boqueixón e tamén Xunta de Galicia e Deputación de Ourense, nace unha nova ruta dende Ourense ata Santiago denominada Camiño de NÓS. Unha nova ruta a pé que atravesará o centro do noso concello e que suporá un impulso ao turismo e negocios locais.
95 anos se cumpren do itinerario que fixeron a pé, no verán de 1926, dende Ourense a Santiago, Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Xavier Pardo, Antón Sánchez, Luis Feixóo, Afonso V. Monxardín e Florentino López Cuevillas.
Para conmemorar este aniversario e impulsar a nova ruta Camiño de NÓS; celebrarase un acto con representación teatral no que se rememorá como foi ese camiño duro e de inspiración literaria para os escritores do Grupo NÓS nomeados anteriormente.
Todos os veciños estan convidados a este acto que terá lugar o Venres 27 de Agosto as 20h no Campo do Souto.
Leave a Reply