Apertura das Piscinas e do Servizo de Bar Municipais no Verán de 2015

Apertura das Piscinas e do Servizo de Bar Municipais no Verán de 2015

O venres comezará a tempada de verán no Complexo Cívico-Deportivo de Costademonte, estendéndose dende o 10 de xullo ata o 9 de setembro, ambos incluídos (dous meses).

A demora na apertura está motivada pola protección do novo céspede, en cuxo crecemento incidiron as desacostumadamente altas temperaturas dos últimos meses (unhas das máis elevadas que se coñecen para estas datas). Nin as regas, nin os produtos de aceleramento do crecemento nin os numerosostratamentos especializados utilizados foron quen, a pesares do denodado esforzo dos traballadores e técnicos, de superar os efectos negativos da climatoloxía extrema deste ano. En calquera caso, solicítase esmerado coidado da herba ós bañistas, pois nalgunhas zonas aínda non amosa o aspecto desexado e noutras esperamos que arraigue con máis forza despois de ser a primeira vez que se planta dende a apertura deste espazo de ocio nos anos 90.

SocorristasÓ igual que nos últimos anos, a entrada ó recinto e o desfrute das piscinas e demais instalacións non terán custe algún para os usuarios, quen poderán gozar do seu tempo de lecer baixo a protección dos socorristas e cun cualificado servizo de bar.

A continuación, amósanse os resultados respecto ás persoas que concursaron para os postos de socorrista, así como en relación ás ofertas presentadas para o servizo de bar.

 

CANDIDATO/A

PUNTUACIÓN CURSOS

PUNTUACIÓN EXPERIENCIA PROFESIONAL

PUNTUACIÓN TEST

PUNTUACIÓN FINAL

RESULTADO FINAL

Paulo Amado Alonso 1,25 3 2,10 6,35  
Alberto González Moure 2 2 2,10 6,10  
Angel Matanzas Calviño 1 3 1,80 5,80 RENUNCIOU
Rubén González Otero 1 0,50 1,50 3 RENUNCIOU
Iria Morenza Vázquez 1 0 1,20 2,20  

 

RESULTADOS BAR

  OFERTA 1CÉSAR GONZÁLEZ MOSTEIRO OFERTA 2JUAN CARLOS CASTRO BLANCO OFERTA 3MARY LUZ MACHADO GONZÁLEZ
A)   PROPOSTA ECONÓMICA (0-20 PUNTOS) 17,87(1.010 €) 15,04(850 €) 20(1.130 €)
B)    MEMORIA (0-10 PUNTOS) 9,75 3,5 5
 
C)   MELLORAS PROPOSTAS NA EXPLOTACIÓN DO SERVIZO  (0-5) 0 1 1,5
D)   PLAN DE EMPREGO  (0-5) 5  0  5
 
PUNTUACIÓN TOTAL 32,62 19,54 31,5

Posts relacionados

Leave a Reply