Solicitude de uso responsable da auga de abastecemento público

Solicitude de uso responsable da auga de abastecemento público

A auga é un prezado ben que todos necesitamos e debemos usar de xeito moderado e responsable.

O imperativo de consumo responsable é máximo no verán, no que a actual seca está a reducir a dispoñibilidade do líquido elemento e ameaza coa posibilidade de potenciais cortes de subministración, como foi avanzado recentemente pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

Neste senso, debemos lembrar á veciñanza que o caudal de auga pública de consumo humano no concello de Amoeiro procede -na súa totalidade- do río Miño, que é un dos puntos dos que alertou a sinalada confederación hidrográfica.

Porelo, pregamos á cidadanía que use con prudencia un ben compartido por todos, e advírtese que está prohibido o uso de auga da traída municipal para regas, enchido de piscinas ou lavado de automóbiles. Neste punto debemos realizar unha especial advertencia á veciñanza de As Figueiras, onde a presión do abastecemento diminúe e mesmo desaparece a determinadas horas, deixando á veciñanza sensubministración; tal feito débese, previsiblemente, a regas ou enchidos de piscinas que están totalmente prohibidos, que están a ser estudados e serán obxecto de sancións e suspensión do servizo.

Consumindo con moderación garantimos o abastecemento público, aforramos gastos municipais, contaminamos menos e evitamos restricións e déficit de abastecemento.

Posts relacionados

Leave a Reply