Amoeiro TV: inicio de emisións co Excmo. Presidente da Real Academia Galega

Amoeiro TV: inicio de emisións co Excmo. Presidente da Real Academia Galega

Amoeiro TV xa é realidade, e comeza cun acto excepcional: a Conferencia “Cartas de Republicanos Galegos Condenados a Morte, 1936-1948″, impartida no Pazo-Museo Ramón Otero Pedrayo (Cimadevila de Trasalba, Amoeiro) polo Excmo. Presidente da Real Academia Galega, Sr. Dr. Xesús Alonso Montero.

Con Amoeiro TV serán moitas as persoas, tanto do concello como alén desta terra, que terán a fortuna de desfrutar destes e doutros eventos municipais a partires de agora.

Trátase dunha canle dixital que emite en alta definición a través de internet, carecendo de límites e fronteiras.

Este medio de alta calidade está, polo tanto, a dispor da veciñanza que vive en Amoeiro, así como dos amoeirenses que residen noutros lugares e, en definitiva, de calquera persoa interesada na nosa realidade en calquera lugar do mundo.

Existen varias vías de acceso ós contidos. Unha delas é a través da web da plataforma Follow Us TV (Síguenos TV), cuxa dirección é www.fwstv.com, na que figura Amoeiro TV no menú de canles.

De xeito máis directo, pódese acceder a través da seguinte ligazón: http://www.fwstv.com/index.php/channel/4/amoeiro-tv/.

En breve, facilitarase aínda máis o acceso a través dun icono de acceso directo a Amoeiro TV que se inscribirá na web do Concello de Amoeiro (www.amoeiro.es). Asemade, recurrirase ó Facebook e Twitter municipais para avanzar novos programas.

A de hoxe é unha estrea de luxo, que se pode vixualizar escribindo esta ligazón na barra do navegador de internet: http://www.fwstv.com/index.php/channel/4/amoeiro-tv/

Con esta emisión, Amoeiro TV da a súa máis afectuosa benvida á veciñanza e ós telespectadores que nos seguirán dende este día.

Posts relacionados

Leave a Reply