A Alcaldía mediante Decreto do 31/05/2019 aprobou o expediente, a través de Procedemento Aberto e trámite de urxencia, para a contratación da explotación do servizo de Bar existente no Complexo Cívico-Deportivo de Costademonte (piscinas municipais), conforme aos seguintes datos:
1º ENTIDADE ADXUDICADORA.
- Organismo: Alcaldía do Concello de Amoeiro.
- Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.
2º OBXECTO DO CONTRATO.
- Descrición do obxecto: A explotación do bar existente nas instalacións do Complexo Cívico–Deportivo de Costademonte.
- Duración do contrato: Tempada de Verán de 2019, do 1 de Xullo ao 31 de Agosto de 2019, ambos incluídos.
3º TRAMITACION E PROCEDEMENTO.
- Tramitación: Urxente
- Procedemento: Aberto.
4º PRESUPOSTO BASE DE LICITACION.
Non se establece debendo oferta-los interesados a cantidade que estimen conveniente en concepto de canon de explotación.
5º GARANTIAS.
- Provisional: Non.
- Definitiva: 200 €.
6º OBTENCION DE DOCUMENTACION E INFORMACION.
- Entidade: Concello de Amoeiro, en horas de 9 a 14 h.
- Domicilio: R/ Castor Sánchez Martínez, 6.
- Localidade: Amoeiro; C.P: 32170.
- Teléfono: 988 28 10 00
- Fax: 988 27 99 88
- Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día do prazo para a presentación das ofertas
7º PRESENTACION DE OFERTAS.
- Data límite: Dentro dos oito días naturais contados desde o seguinte ó da inserción deste edicto no Perfil do Contratante. Se o último día fose inhábil o prazo finalizará o primeiro hábil seguinte.
- Documentación a presentar: A que se indica no prego de Cláusulas Administrativas que rexen a contratación.
- c) Lugar de Presentación: Concello de Amoeiro.
8º APERTURA DE OFERTAS.
- Entidade: Concello de Amoeiro.
- Data: As trece horas do día inmediato posterior á finalización do prazo de presentación de proposicións.
Nos seguintes enlaces poden descargar a documentación precisa:
PREGO DE CLAUSULAS ADMINISTRATIVAS
Leave a Reply