Campamento de verán 2019

Campamento de verán 2019

A partires do luns 1 de xullo, comezará o Campamento Municipal de Verán do Concello de Amoeiro, que tanta ledicia causa na nosa infancia e nas nosas familias.

O devandito campamento estenderase a longo dos meses de xullo e de agosto, desenvolvéndose de luns a venres entre as 10 e as 14 horas, responsabilizándose do mesmo a empresa Ociosaugal. As familias interesadas deberán realizar un pagamento de 10 euros quincenais por crianza ou de 20 euros mensuais.

Entre as actividades a realizar inclúense as seguintes: xogos tradicionais, manualidades, talleres de cociña e de reciclaxe, así como actividades medioambientais e lúdicas.

A inscrición realizarasea partires do luns 3 de xuño, poidendo facerse ben presencialmente na casa consistorial ou ben a través do teléfono 988281000. Terán preferencia as persoas censadas no termo municipal de Amoeiro.

 

Posts relacionados

Leave a Reply