Amoeiro recibe o IX Encontro Internacional de Poesía en Ourense

Amoeiro recibe o IX Encontro Internacional de Poesía en Ourense

O IX Encontro Internacional de Poesía terá lugar este vindeiro domingo 7 de outubro no Parque dos Sentidos de Souto (Amoeiro).

En concreto, 7 poetas procedentes de 5 países (Bolivia, Cuba, Portugal, México e España) recitarán poemas no corazón da municipalidade a partires das 12:00 horas.

O cadro de poetas e poetisas é o seguinte:

Paola Duchén (Bolivia)

Leanne Rivera (Cuba)

Rita Capucho (Portugal)

Carla Ribeiro (Portugal)

Anna Karenina García Fernández (México)

Mario García Montalbán (España)

Gema Cepeda Grande (España)

 

Entre os sucesivos recitais intercalaranse actuacións musicais, que enxalzarán unha xornada artística que esperamos sexa inesquecible  para a veciñanza, así como acicate de novas representacións do mundo da arte na nosa terra.

Este acto en prol da cultura no noso municipio nace da colaboración entre o Concello de Amoeiro, o Círculo Poético Ourensán e diversos patrocinadores que figuran no cartel que o  publicitan.

Posts relacionados

Leave a Reply