Inscrición nas Actividades do Programa “Amoeiro Saudable”

Inscrición nas Actividades do Programa “Amoeiro Saudable”

Ata o 28 de setembro permanece aberto o prazo para realizar inscricións no programa “Amoeiro Saudable” (anteriormente denominado “Amoeiro en Forma”), que se dedicará, ao igual que en anteriores anualidades, a atender a demanda de actividades psicofísicas no termo municipal de Amoeiro.

O obxectivo final deste programa é aumentar o benestar corporal e psicosocial da cidadanía amoeirense, coas innegables vantaxes e efectos positivos ós que da lugar. Para elo, un conxunto de profesionais especializados pertencentes á empresa Ociosaugal impartirán diversas actividades ó longo da xeografía municipal.

Nun principio, levaranse á practica as mesmas actividades e nos mesmos horario que en 2017, incluíndose as referidas a “Zumba”, “Mantemento Físico”, “Pilates”, “Manualidades” e “Cociña”. No cadro anexo visualizase a distribución por núcleos das referidas actividades, así como os horarios asignados para as mesmas.

A inscrición de algunhas persoas nas anteditas actividades xa foi realizada a través da psicóloga responsable dos Obradoiros Municipais de Memoria (que comezaron neste mes de setembro). As que non o fixeron mediante esta vía poden formalizala a través do teléfono municipal 988281000. A novidade desta edición consiste en que será posible realizar actividades durante as mañás dos sábados, e para elo deben formularse peticións expresas de elo no teléfono antes mencionado.

De xeito análogo ao ano anterior, sinálase que só se materializarán aquelas actividades que acaden, a lo menos, un grupo de 8 persoas. Unha vez logrado este número de participantes, o Concello de Amoeiro subvencionará as actividades das persoas que estean censadas no municipio, de xeito que o prezo a abonar por cada participante e actividade á empresa Ociosaugal será de 4,50 € ao mes por hora semanal, e de 7,50 € ao mes en caso de que sexan dúas as horas semanais dedicadas a unha actividade concreta. No caso de que se admitan persoas que non residan no termo municipal de Amoeiro (p. ex. para facilitar que se forme o grupo mínimo de 8 integrantes) deberán abonar o dobre destas cantidades.

Finalmente, advírtese a quen queira integrarse nos grupos que deberá abonar cada  trimestre por anticipado (é dicir 13,5 € si se vai unha hora á semana ou 22,50 € se se vai dúas horas á semana) ao obxecto de garantir a supervivencia dos sinalados grupos.

Posts relacionados

Leave a Reply