Xuntanza informativa sobre os Servizos Municipais de Aula Matinal e Apoio Escolar

Xuntanza informativa sobre os Servizos Municipais de Aula Matinal e Apoio Escolar

O luns 17 de setembro, ás 18:00 horas, terá lugar na biblioteca anexa á casa consistorial do Concello de Amoeiro unha xuntanza sobre os servizos de Aula Matinal (ou acollida temperá) e  Apoio Escolar.

Para esta reunión convócase ás familias de Amoeiro e á AMPA do CEIP Plurilingüe Ramón Otero Pedrayo, e nela o grupo de goberno municipal presentará á persoa responsable destes novos servizos, informándose da dinámica dos mesmos.

A devandita xuntanza posibilitará responder ós interrogantes formulados e recoller, así mesmo, as suxestións que melloren o desenvolvemento desta iniciativa de apoio á infancia, á calidade do ensino  e á conciliación no noso termo municipal.

Posts relacionados

Leave a Reply