Amoeiro aprobou a ordenanza da FEGAMP dirixida a protexer ós fogares dos lumes

Amoeiro aprobou a ordenanza da FEGAMP dirixida a protexer ós fogares dos lumes

Na sesión plenaria do pasado 10 de setembro, o grupo socialista propuxo a adopción municipal da ordenanza que recomenda a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para garantir a protección dos fogares ante os lumes.

Esta norma, denominada como “Ordenanza Municipal Reguladora da Xestión da Biomasa e das Distancias das Plantacións do Concello de Amoeiro”, é unha extensión da actual Lei 3/2007, de Prevención e Defensa contra os incendios Forestais de Galicia que actúa no solo urbano e de núcleo rural, e ten por obxecto conseguir axeitadas condicións de salubridade e seguridade que preveñan e eviten os incendios, protexendo dos mesmos ás infraestruturas, ós equipamentos sociais e ás zonas edificadas.

A regulación inclúe a execución subsidiaria con repercusión de custes nos casos en que os propietarios non accedan a cumprir coas súas obrigas, así como un réxime sancionador que tipifica as infraccións en leves, graves e moi graves coas seguintes multas:

–          Infraccións leves: multa dende 100 ata 600 euros.

–          Infraccións graves: multa dende 601 ata 1.500 euros.

–          Infraccións moi graves: multa de 1.501 ata 3.000 euros.

A aprobación municipal desta norma levouse a cabo cos votos favorables do grupo de goberno e do representante de XEIDA, absténdose os integrantes do grupo do partido popular.

O compromiso de todos é preciso para evitar traxedias nun futuro, sendo responsabilidade dos propietarios de terreos mantelos nun estado que garanta a seguridade das persoas de acordo coa lexislación vixente.

 OUTRAS IMAXES DO LUME DESTE VERÁN EN CERVAL

Lume-2

 

Lume-3

Posts relacionados

Leave a Reply