XXXVI Premio Trasalba

XXXVI Premio Trasalba

O vindeiro 30 de Xuño terá lugar, no que foi o lar do Patrón das Letras Galegas Don. Ramón Otero Pedrayo, a Casa Grande de Cimadevila de Trasalba (Amoeiro), a entrega do Premio Trasalba, que este ano cumpre a súa XXXVI edición.

Nesta magna celebración entregarase o valoroso galardón á centenaria Coral “De Ruada”, de Ourense, nunha cerimonia que se desenvolverá, por primeira vez, en horario de serán. En concreto, esta Festa Literaria de homenaxe á sinalada coral comezará ás 19:30 horas coa laudatio de Miguel Anxo Seixas Seoane, á que seguirá a presentación do libro-CD A Coral de Ruada e a propia entrega do premio co busto creado por Manuel Buciños.

Pecharase o acto co intervención de Samuel Lago, Presidente da Coral e coa sempre esperada audición das palabras de Don Ramón.

Tras a Festa Literaria actuará a Coral De Ruada e remataranse as actividades do día co denominado Encontro da Amizade no patio da Casa Grande de Cimadevila de Trasalba, no que ademais duns petiscos desgustaranse caldos das Adegas Terras Mancas, de Soutomanco (Trasalba), que servirán para enxalzar a valía dos Chaos de Amoeiro.

 

Posts relacionados

Leave a Reply