O Concello de Amoeiro moderniza a recadación cunha pasarela de pago vía internet

O Concello de Amoeiro moderniza a recadación cunha pasarela de pago vía internet

No actual exercicio fiscal, o Concello de Amoeiro recuperou o servizo de recadación municipal que tiña delegado, ata o de agora, na Mancomunidade Intermunicipal Voluntaria Santa Águeda, de xeito que se achegan á cidadanía os trámites tributarios ó radicar os mesmos na casa consistorial.

Adicionalmente, increméntase a comodidade de pagos mediante as novas tecnoloxías pondo á disposición das persoas contribuíntes unha pasarela de pagamento inscrita na web municipal www.amoeiro.gal. En concreto, na devandita páxina existe unha pestana rotulada co nome de recadación que ao premer sobre ela conduce a unha ligazón que, á súa vez, redirecciona á páxina na que se poderán introducir os datos da persoa contribuínte.

Nas imaxes presentes nesta nova pódese observar a secuencia de pagamento en 3 pasos que acaba de mencionarse.

Unha vez realizado o pagamento mediante a pasarela electrónica, o usuario recibirá unha mensaxe no seu enderezo electrónico procedente da dirección epasarela@abanca.com na que figurará o número de referencia que acreditará a satisfacción do tributo.

Máis información sobre esta nova vía de pagos no Servizo de Recadación Municipal sito na planta primeira da casa consistorial (Srta. Belén).

Paso 1. Premer sobre a pestana de “Recadación”

Paso 2. Premer sobre o texto “pinche aquí”

Paso 3. Realizar os pasos do pagamento

Posts relacionados

Leave a Reply