Contratación do Servizo de Bar do Complexo Cívico-Deportivo de Costademonte (Amoeiro) para a tempada de verán de 2018

Contratación do Servizo de Bar do Complexo Cívico-Deportivo de Costademonte (Amoeiro) para a tempada de verán de 2018

O Concello de Amoeiro licita o sinalado bar co obxecto de que preste servizos e atención de calidade as persoas que acudirán -entre o 1 de xullo e o 30 de setembro- ás piscinas e ás restantes instalacións públicas sitas neste emprazamento público municipal (campo polideportivo, zona infantil, grellas, etc.).

Bases do procedemento

A adxudicación guiarase por un procedemento aberto e urxente, que se rexe polas bases anexadas á icona presente nesta nova. De acordo coas mesmas, sinálase que as ofertas deberanse presentar no Rexistro Xeral do Concello de Amoeiro, en horario de 9:00 a 14:00 horas, no prazo de 13 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no perfil do contratante na web https://www.contratosdegalicia.gal (se o último día do prazo coincide en inhábil, entenderase prorrogado ó seguinte hábil).

Os criterios de tales bases primarán, entre outras, as accións que dinamicen (aquagym, ximnasia ao aire libre, natación, campionatos de tenis, etc.), aumenten a comodidade de uso (parasoles, hamacas, lecer na zona d sombra, etc.) e presten unha esmerada atención ao público e ás instalacións municipais.

Ao igual que sucedeu nos últimos anos, o uso das piscinas e das restantes instalacións públicas será de balde para as persoas que se despracen ata este espazo municipal do Concello de Amoeiro.

Posts relacionados

Leave a Reply