Amoeiro ensaiará o uso dun produto ecolóxico a base de vinagre para reducir a proliferación de maleza nas vías públicas

Amoeiro ensaiará o uso dun produto ecolóxico a base de vinagre para reducir a proliferación de maleza nas vías públicas

As probas de aplicación comezarán a realizarse cando remitan as choivas, tratándose dunha substancia que carece de toxicidade ou efectos nocivos para a saúde, e da que se espera que estenda a duración dos efectos das rozas, beneficiando o ornato das vías públicas e a redución do risco de lumes.

O Concello de Amoeiro utilizará un produto de orixe vexetal que contén ácido acético ou vinagre concentrado, polo que posúe características ecolóxicas e biodegradables, que só acidifica o e seca a vexetación dificultando o crecemento da mesma.

Dito composto foi empregado con éxito noutros municipios e lugares, obténdose resultados moi positivos segundo as informacións recibidas. O único lixeiro inconveniente da aplicación do mesmo é o cheiro a vinagre durante a aplicación que, non obstante, desaparece ao cabo duns minutos.

De comprobarse a eficacia e eficiencia deste biocida natural tras as probas realizadas, estenderase o seu uso as zonas e ós lugares que resultan máis apropiados, especialmente as beirarrúas, así como as zonas empedradas e asfaltadas.

Dende o goberno municipal sublíñase, unha vez máis, que se trata dun produto respectuoso co medio ambiente que non emprega compoñentes tóxicos. Neste sentido, contribúe a incrementar a protección ante os incendios e mellora a estética pública sen necesidade de recorrer a sustancias perigosas para a saúde como o glifosato, cuxa aplicación nas vías e lugares públicos está prohibida por esta administración pública.

Posts relacionados

Leave a Reply