Trasalba convértese en lugar de referencia do mel en Galicia

Trasalba convértese en lugar de referencia do mel en Galicia

Grazas á labor desenvolvida por Susana González Rodríguez (Susi) e Francisco González Conde (Paco) durante os últimos anos, Trasalba ocupa un lugar destacado no panorama actual do mel en Galicia.

Serva como exemplo de elo o éxito colleitado polo curso de “Profilaxe e Sanidade nas Colmeas”, que se desenvolveu o pasado 3 de marzo nas instalacións da Fundación Ramón Otero Pedrayo (Cimadevila de Trasalba) cunha gran afluencia de alumnado provinte de toda a comunidade galega, e cun altísimo nivel de calidade e satisfacción entre os asistentes.

Esta acción formativa é só una das xa realizadas pola Asociación Apícola Ourensá, da que Paco é Presidente e cuxo domicilio social atópase na planta inferior do local social municipal de Trasalba, onde tamén está previsto que se instale o futuro museo do mel.

Mais Trasalba aínda ten un elemento de interese adicional para o mundo do mel. Trátase dunha melería, que se atopa no novo número 35 desta localidade, está rexida por Susi e permite levar a cabo a extracción do mel, do pole e do própole, así como envasar e etiquetar estes produtos. A realización de vistas guiadas ó colmear  é outra das actividades que desenvolve esta melería trasalbesa.

En suma, formación e transformación do mel, e realización de actividades en lugares emblemáticos como a Casa Grande de Cimadevila ou en instalacións públicas son iniciativas que enxalzan o nome de Trasalba e do concello de Amoeiro, pois mesturan agro, medio ambiente, cultura, calidade e compromiso co municipio, xerando expectativas de futuro e bo nome para a nosa terra.

O Concello de Amoeiro amosa a súa satisfacción e apoio a ambas propostas, así como ás futuras accións que de elas se deriven.

Posts relacionados

Leave a Reply