Amoeiro dedicará 407.828 euros á instalación de 1.258 lámpadas LED

Amoeiro dedicará 407.828 euros á instalación de 1.258 lámpadas LED

Esta inversión ten unha tripla finalidade: mellorar a calidade do alumeado público, aforrar na factura eléctrica e reducir a contaminación lumínica e atmosférica (minorando a xeración de anhídrido carbónica; CO2).

A determinación dos lugares nos que se instalarán as lámpadas LED (Diodos Emisores de Luz; Light Emitting Diode) realizouse mediante criterios técnicos de aforro (tales como a existencia de lámpadas de mercurio), resultando como beneficiarios os alumeados da Abruciños, Afonsín, Albeiros, Bacurín, Bergueira, Bóveda, Burguete, Camiño Real, Casares, Cerval, Cimadevila, Cornoces, Costademonte, Figueiras, Fondo de Vila, Fontes, Formigueiro, Garabatos, Loureiro, Monteasnal, Parada, Pica, Poboanza, Portocelos, Poutás, Priorato, Rairo, Reguengo, Rouzós, Sabariz, Santabaia, Sanxiao, Tiollo e Trasalba.

No cadro seguinte amósase o número de LED que se instalarán en cada un destes lugares.

Cadro 1. Número de LED a instalar en diversos  lugares do concello de Amoeiro

LUGAR LUGAR LUGAR LUGAR LUGAR
Abruciños 87 Camiño Real 39 Fondo de Vila 9 Pica 24 Rouzós 36
Afonsín 33 Casares 38 Fontes 37 Poboanza 36 Sabariz 11
Albeiros 56 Cerval 9 Formigueiro 23 Portocelos 31 Santabaia 37
Bacurín 11 Cimadevila 21 Garabatos 29 Poutás 27 Sanxiao 32
Bergueira 41 Cornoces 41 Loureiro 63 Priorato 47 Tiollo 16
Bóveda 76 Costademonte 42 Monteasnal 21 Rairo 19 Trasalba 111
Burguete 42 Figueiras 40 Parada 38 Reguengo 35 TOTAL 1.258

 

A existencia de LED modernos en lugares como Fontefría descarta a instalación nestes emprazamentos. Sen embargo, valorase a colocación –vía mellora- de LED en poboacións nas que existe esta clase de luminarias dende hai anos, como é o caso da propia capitalidade de Amoeiro.

No proxecto tamén se realizarán accións adicionais que consisten, por exemplo, no cambio de cadros de luz, e que afectarán, a lo menos, ós de Amoeiro (Casa da Cultura), Bóveda, Cornoces, Costademonte, Figueiras, Garabatos, Parada, Rairo, Reguengo, Rouzós, Santabaia e Trasalba.

A acción realizarase con fondos propios do concello de Amoeiro, mediante préstamo reembolsable do Instituto para a Diversificación e o Aforro de Enerxía (IDAE), con posibilidade de co-financiamento ou participación do FEDER (Fondo Europeo de Desenrolo Rexional) e/ou Fondos de Cohesión da Unión Europea.

O anuncio desta actuación xa foi publicado no Diario da Unión Europea, como tamén o será no Boletín Oficial do Estado (BOE), no Boletín Oficial da Provincia de Ourense (BOP) e a través doutros medios como a web municipal e/ou anuncios en prensa.

O prazo de presentación de ofertas rematará ás 14:00 horas do 16 de abril do ano en curso, e a instalación deberá concluírse nun máximo de seis meses despois da resolución do concurso entre as ofertas recibidas.

Os pregos administrativos e técnicos, así como o anuncio poden consultarse na sede electrónica do Concello de Amoeiro, ou ben premendo na seguinte ligazón:

http://amoeiro.sedelectronica.es/?x=Nmr2ZiS4zR4Bo2Tpe2GvEQ

Posts relacionados

Leave a Reply