Lembranza do amigo “Largo”: a obra dun amoeirense adoptivo no Marcos Valcárcel

Lembranza do amigo “Largo”: a obra dun amoeirense adoptivo no Marcos Valcárcel

Baixo o título “Largo Torres Pato en estado Puro”, poderemos desfrutar entre o 19 de xaneiro e o 4 de marzo deste ano das pinturas do profesor José Antonio Torres Pato no Centro Cultural Marcos Valcárcel.

Esta exposición do artista agarimosamente alcumado como “Largo” pola súa estatura, estaba previsto que se celebrara en 2016, mais non foi posible realizala en vida pois en setembro dese ano aconteceu o seu pasamento.

Agora é a súa compañeira Marga quen está, cada día, recibindo as visitas de tantas persoas coas que Largo e ela tiveron amizade ao longo da vida. Ambos foron veciños do Priorato, en Bóveda de Amoeiro, onde aínda teñen a casa que lles servía de estudo. Os que tamén conversamos con eles cada verán nas piscinas de Costademonte nunca esqueceremos a súa bondade e humildade.

Cores e luminosidade dun dos “artistiñas” de Ourense que xa non está connosco, mais as súas pinturas e xeito de ser non abandonarán a nosa memoria.

Sit tibi terra levis, Largo, e unha forte aperta para ti, prezada Marga.

Posts relacionados

Leave a Reply