Taller Formativo sobre a Factura Eléctrica: Prazas Limitadas

Taller Formativo sobre a Factura Eléctrica: Prazas Limitadas

O venres 17 de novembro, ás 18:00 horas (6 do serán), celebrarase un obradoiro de formación sobre a factura eléctrica de alto interese para os consumidores e as consumidoras de Amoeiro.

Baixo o título de “Descifrando o Enigma da Factura Eléctrica”, persoal experto da Unión de Consumidores de Galicia (UCE-Galicia) desenvolverá esta actividad formativa na Casa da Cultura do Concello de Amoeiro.

As persoas interesadas en recibir esta clase de información e coñecemento deben formalizar a súa inscrición telefonando ó número da UCE-Galicia: 981566411. Alternativamente, tamén poden inscribirse a través deste e-mail: prensa@consumidores.gal

O número de prazas é limitado, e convídase á cidadania amoeirense a aproveitar esta oportunidade, nunha acción que é patrocinada polo Instituto Galego de Consumo e que conta coa colaboración do Concello de Amoeiro.

Posts relacionados

Leave a Reply