Sábado 4 de Novembro, Conferencia: “A masonería no libro da selva”

Sábado 4 de Novembro, Conferencia: “A masonería no libro da selva”

O evento terá lugar na Casa da Cultura, ás 18:00 horas (6 do serán) e o afamado relator, Guillermo de Miguel Amieva, amosará o sorprendente paralelismo oculto entre a masonería e o lendario “Libro da selva” de Rudyard Kipling. Un libro, aparentemente infantil, que non pode explicarse sen a experiencia masónica vivida polo seu autor.

A conferencia enmárcase no 300 aniversario da creación da masonería especulativa, e está organizado polo Instituto de Estudios Masónicos de Galicia (IEMG) e o Concello de Amoeiro.

A calidade do relatorio e o interese da análise literaria e científica recomendan a asistencia da cidadanía a tan singular acto.

Guillermo de Miguel Amieva, natural de Zaragoza (España), de orixe materno asturiano (Llanes) e paterno palentino (Alar del Rey). Reside en Palencia, cidade onde exerce a avogacía. Ten desenvolvido unha intensa vida literaria e periodística. Colabora habitualmente como articulista literario en El Norte de Castilla. No seu día, colaborou nos semanarios Carrión, Palencia 7 e Los Vocceos, así como en El Oriente de Asturias, un dos máis antigos de España (1868). Poeta habitual da cidade, cultiva todos os xéneros literarios. É  autor do ensaio sobre o mundo xurídico “El alma de la defensa y de los ensayos masónicos”, así como de textos como “La Iniciación de Mowgli”, “Viaje masónico a bordo del Nautilus”, “En torno al mandil” e “Déjame que te cuente”. Entre outras contribucións literarias compre subliñar a novela do xénero negro titulada “El plano de obra”.

Posts relacionados

Leave a Reply