Novembro: Xuntanzas nas Parroquias para Protexer do Lume ós Nosos Fogares

Novembro: Xuntanzas nas Parroquias para Protexer do Lume ós Nosos Fogares

A partires da vindeira semana, o Concello de Amoeiro comezará un conxunto de xuntanzas veciñais dirixidas a protexer dos incendios aos fogares dos pobos de Amoeiro.

Estas actividades contarán coa información e o asesoramento especializado de Dna. Antonia Álvarez Veiga, Enxeñeira Agrícola, e serán desenvolvidas en locais municipais e espazos veciñais a partires das 18:00 horas.

O calendario comeza o luns 6 de novembro na Casa da Cultura de Amoeiro, lugar ao que se empraza á poboación dos núcleos que integran tanto esta parroquia como a de Cornoces. O martes 7 trasladarase a reunión ao Local Municipal de Fontefría, onde se abordará o tema para os núcleos das parroquias de Fontefría e Abruciños. A semana rematará o venres 10 de novembro no Local Municipal de Outeiro de Trasalba (antiga escola pública) ao que se convida a asistir aos habitantes de Albeiros, Outeiro, Cimadevila, Soutomanco e Monteasnal.

A seguinte xuntanza terá lugar o  martes 14 de novembro en A Bergueira, citando no Local Municipal de A Bergueira á poboación deste núcleo e á do Formigueiro. O luns 20 de novembro desenvolverase a xuntanza da veciñanza da parroquia de Rouzós no Local Veciñal de As Quintás. Ao día seguinte, martes 21 de novembro, congregarase á cidadanía da parroquia de Parada no Velorio de Parada. Pecharanse estas reunións o xoves 23 de novembro no Local Municipal de Bóveda, sendo este espazo onde se deberá reunir a cidadanía desta parroquia.

Na seguinte táboa amósanse, de modo sintético, estas xuntanzas.

Posts relacionados

Leave a Reply