Visitas á Exposición Permanente sobre Masonería

Visitas á Exposición Permanente sobre Masonería

Dende o pasado 6 de outubro, o Concello de Amoeiro conta cunha Exposición Permanente sobre Masonería localizada na Aula da Natureza (planta superior do Edificio Bioclimático Multiusos, enriba das salas do tanatorio).

A exposición, única no país, pode visitarse de xeito guiado os sábados en horario de 10 a 13 e de 16 a 19. Quen non poida acudir neste día ou horario dispón dunha alternativa, previa reserva no Concello de Amoeiro (tlf. 988281000), para acceder a exposición os luns ou os martes entre as 19:00 e as 22:00 horas. O número máximo de persoas admitidas por visita é de 10.

Neste percorrido guiado, que conmemora o 300 aniversario da creación da masonería especulativa, coñeceranse o significado, as orixes, os elementos simbólicos, as gradacións e a represión padecida pola masonería, entre outros aspectos. As explicacións dos guías e os vídeos informativos completan un evento salientable pola súa calidade e excepcionalidade.

Unha oportunidade única para adquirir coñecementos, superar tópicos e prexuízos e, en suma, para acehagarse ás raíces da Ilustración e dos movementos en pro do avance do coñecemento e da solidariedade humana.

Esta destacada actividade está organizada polo Instituto de Estudios Masónicos de Galicia (IEMG), co que colabora o Concello de Amoeiro.

Posts relacionados

Leave a Reply