En Outubro, Unha Nova Edición da Camiñada dos Pazos de Amoeiro

En Outubro, Unha Nova Edición da Camiñada dos Pazos de Amoeiro

O domingo 22 de Outubro celebrarase unha nova edición da Camiñada dos Pazos de Amoeiro, un evento de características singulares á altura dun Concello ligado á cultura galega.

Na camiñada de 2017 recorreranse paisaxes naturais dunha beleza cativadora, como a que penetra na Fervenza do Cachón –que é a primeira de Galicia que conta, dende fai unhas semanas, con acceso adaptado para persoas en situación de minusvalía-, e Pazos de beleza extraordinario, adornándose a viaxe con sons da música que farán aínda máis pracenteira a visita ás nosas terras.

O agasallo dos aprovisionamentos e do xantar co que rematan os percorridos farán o resto.

Dúas rutas conforman esta aventura, a primeira etapa de 18 quilómetros e unha segunda etapa de 10 quilómetros adicionais para os camiñantes más avezados.

Quen queira desfrutar destas rutas poderá inscribirse nas oficinas da Casa Consistorial de Amoeiro ou ben formalizala -cunha hora de antelación- na propia saída sita no Campo de Souto de Amoeiro, que terá lugar ás 10:00 horas do sinalado 22 de Outubro. O custe da participación será de 10 €.

Xa falta menos para a Camiñada dos Pazos de Amoeiro 2017!!!

Posts relacionados

Leave a Reply