Comezo das clases da Escola Municipal de Música Tradicional Devalar

Comezo das clases da Escola Municipal de Música Tradicional Devalar

O pasado xoves 14 de setembro inaugurouse o curso 2017/18 na Escola Municipal de Música Tradicional de Amoeiro.

A partires de agora queda aberto o período de inscrición nesta Escola Música Municipal, ofrecendo clases de Gaita, Percusión e Canto impartidas por profesores con grande experiencia  e dirixidas a persoas de todas as idades (dende nenas e nenos ata maiores).

Asemade, ofrecerase a posibilidade de impartir clases de baile tradicional se existe demanda para elo.

Esta Escola de Música, co-financiada polo Concello de Amoeiro, naceu no ano 2014, incrementándose o número de alumnos por ano exitosamente, tendo ofrecido diversos concertos e dando a coñecer, deste xeito, o traballo dun alumnado que se esforza por difundir -con ilusión e con gañas por aprender- as múltiples posibilidades da nosa música tradicional e, en definitiva, dunha cultura de seu que identifica ó noso pobo e que debemos preservar para as vindeiras xeracións.

O custe de alumno non varía respecto ó ano pasado, sendo a cota de 10 euros mensuais, independentemente do instrumento e da cantidade de modalidades elixidas. As clases impártense todos os xoves de 18 a 21 horas na segunda planta do Centro de Saúde de Amoeiro.

Inscricións:

  • Segunda planta do Centro de Saúde todos os xoves de 18 a 21
  • Nos teléfonos 678669934 (Santi) e 627115808 (Sindy)

Recibide todas e todos a nosa fraternal benvida e sede partícipes desta gran Escola Municipal de Música Tradicional Devalar!!!

Posts relacionados

Leave a Reply