A Responsable da Secretaria Xeral para o Deporte visita o campo da Penafita con vistas a dotalo de céspede artificial

A Responsable da Secretaria Xeral para o Deporte visita o campo da Penafita con vistas a dotalo de céspede artificial

Na mañá do luns 18 de setembro do ano en curso, Dna. Marta Míguez Telle, máxima responsable da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, visitou as instalacións do campo municipal de fútbol de “A Penafita”, en Amoeiro.

A visita foi precedida dun encontro previo entre o Alcalde de Amoeiro e a sinalada autoridade da Secretaría Xeral para o Deporte, estando ambos acompañados no actual encontro no noso campo de fútbol por D. José Mario Guede Fernández, Xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, e polos Concelleiros de Amoeiro D. Xosé Luís González López e D. Adolfo González Nóvoa.

Do encontro derivouse o valor da colaboración entre administracións públicas para materializar este proxecto, así como a necesidade de presentar –con urxencia- unha memoria valorada do mesmo. Cumprindo esta premisa, o Concello de Amoeiro xa contactou cunha empresa especializada en equipamentos de herba artificial para campos de fútbol que realizará, en breve, a sinalada memoria.

Esta administración pública tamén mantivo contactos coa Deputación de Ourense e está aberta, así mesmo, a contar coa participación da Federación Galega de Fútbol, co Consello Superior de Deportes e con cantas instancias sexa preciso para brindar á cidadanía amoeirense o estadio de céspede artificial que merece tanto como ansía.

Posts relacionados

Leave a Reply