O Concello de Amoeiro e o Instituto de Estudos Masónicos de Galicia Asinan un Convenio de Colaboración

O Concello de Amoeiro e o Instituto de Estudos Masónicos de Galicia Asinan un Convenio de Colaboración

Hoxe, 19 de xullo de 2017, ás 12:00 horas, o Concello de Amoeiro –a través do seu Alcalde, Rafael Rodríguez Villarino- e o Instituto de Estudos Masónicos de Galicia (IEMG) –representado polo seu Presidente Ricardo Aldao Matilla-, asinaron un convenio de colaboración na casa consistorial deste concello.

A través desta sinatura, o Concello cede ó IEMG -durante 4 anos, prorrogables de mutuo acordo- o uso da planta superior do local social de As Figueiras, que estaba ata o de agora sen actividade, comprometéndose esta entidade asociativa a realizar funcións de divulgación cultural xeral, así como a crear e xestionar ese local como zona museística e biblioteca especializada na masonería.

Mediante este acordo de colaboración promoverase a actividade cultural no municipio amoeirense, mentres que a masonería contará cun espazo propio para achegar á poboación tanto temas de interese xeral como actividades específicas da masonería con motivo do tricentenario da creación da francmasonería.

Asínase, en definitiva, un pacto mutuamente beneficioso que xa se traduciu en dúas conferencias previas, e que se enriquece agora coa inminente apertura do local da IEMG en Amoeiro, coa celebración de novas conferencias a partires do mes de setembro e co desenvolvemento dun grande simposio sobre masonería no municipio durante o vindeiro mes de novembro.

Posts relacionados

Leave a Reply