O Concello de Amoeiro Revitalizará o Núcleo Singular de O Fontao

O Concello de Amoeiro Revitalizará o Núcleo Singular de O Fontao

Imaxe de imperfeccións actuais do chan da rúa central de O Fontao

O Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Amoeiro declara a O Fontao como un dos núcleos singulares do municipio. Sen embargo, a deteriorada rúa que atravesa este núcleo afea a súa imaxe dende hai moitos anos. Trátase dun vieiro estreito e irregular con tramos de pendente variable no que os sucesivos asfaltados e re-asfaltados non foron quen de manter a súa conservación nun estado aceptable.

De feito, a inclinación dalgúns tramos da rúa, as augas pluviais procedentes dos tellados circundantes e as propias condicións do terreo sobre os que se asenta este viario central tradúcense nun chan con numerosos defectos en forma de buratos e parches de formigón, así como cuberto de pegadas debidas a instalacións e sumidoiros instalados sen criterios de harmonía en ocasións precedentes.

Proposta de actuacións e imaxes de deterioros actuais

Ante esta perenne situación de desarranxos e deterioro estético o Concello de Amoeiro optou por realizar un proxecto que humanizara de xeito duradeiro e atractivo a este núcleo, considerando ao emprego de adoquinado no seu vieiro principal como a mellor ferramenta para elo.

O proxecto, cuxo custe ascende a 60.000 €, e foi avaliado positivamente pola Dirección Xeral de Administración Local da Xunta de Galicia, que aportará o 66 % do investimento total (40.000 €), encargándose o Concello de Amoeiro do resto.

Plano e perfís da obra a desenvolver

As obras prevese que comecen a partires de mediados de setembro, unha vez que reciban o visto bo definitivo da Comisión Provincial de Patrimonio, que xa anticipou unha avaliación positiva do mesmo, e deberán rematar antes de que finalice o mes de outubro.

A partires desa data O Fontao terá unha rúa central á altura do carácter nuclear singular do mesmo, seguindo esta poboación a senda de actuacións de embelecemento realizados en lugares como Santabaia, Amoeiro, O Viñao, Fontefría ou Portecelos, prevéndose actuacións semellantes en Outeiro de Trasalba, Sampaio de Bóveda, Vilaboa, Os Casares ou a Praza da Concordia, todas elas con proxectos específicos e á espera de recibir o financiamento que precisan.

Trátase de intervencións levadas á práctica ou en perspectiva a pesares da sostida situación de crise que nos asola, pero que con creatividade, traballo e planificación responsable vanse materializando pouco a pouco. Na axenda municipal contémplanse moitas outras accións, e para todas elas estamos á procura de recursos económicos que as fagan viables.

O obxectivo final é achegarnos –aínda que sexa paseniño- ao Amoeiro que queremos.

Posts relacionados

Leave a Reply