Elimina a Maleza. O Lume Mata.

Elimina a Maleza. O Lume Mata.

Coa chegada do verán, o risco de incendio aumenta exponencialmente, ao igual que os perigos para o mantemento do noso patrimonio ambiental e, sobre todo, a ameaza para as nosas propias vidas.

As administracións públicas tratamos de velar pola seguridade ante estas continxencias, sendo este o motivo polo que se contratan brigadas antilume, das disporemos dunha en Amoeiro así como outra compartida cos restantes concellos da Mancomunidade Santa Águeda.

Mais isto non abonda, e por elo o Concello de Amoeiro realiza –dende hai anos- labores preventivas co tractor municipal e co tractor da mancomunidade, así como rozas manuais en todos os pobos con brigadas contratadas dende hai dous anos para esta finalidade.

Con estas actuacións preventivas, que son as máis eficaces e efectivas, redúcese a probabilidade de lumes e da súa propagación nos parques, viarios públicos e nas dominadas franxas de seguridade en torno ós núcleos de poboación. Sen embargo, isto só é unha parte do problema, xa que os eidos particulares constitúen a maior parte do espazo no termo municipal, correspondéndolle a obriga de mantelos libres de maleza ás persoas que son titulares dos mesmos.

En concreto, a Lei de Incendios 3/2007 de Galicia no seu artigo 21 establece que “será obrigatorio para as persoas responsables (é dicir, as que son titulares dos predios), xestionar a biomasa vexetal nunha franxa de 50 metros perimetral ao solo urbano, de núcleo rural e urbanizable delimitado, así como ao redor de edificacións, vivendas illadas e urbanizacións, depósitos de lixo, parques e instalacións industriais, ubicadas a menos de 400 metros do monte, de acordo cos criterios de xestión da biomasa estipulados na presente lei e na súa normativa de desenvolvemento. Ademais, nos primeiros 30 metros non poderá haber as especies sinaladas na disposición adicional terceira desta lei (que son piñeiro silvestre, piñeiro de Monterrei, piñeiro de Oregón, mimosa, acacia negra, eucalipto, brecina, carqueixa, xesta, queiruga, fento, silva e toxo).”

No caso de incumprimento destas obrigas, o concello poderá notificar as obrigas de xestión de biomasa vexetal, advertindo da posibilidade de execución subsidiaria e sen prexuízo de instruír procesos de sanción con imposición de multas coercitivas, que en Amoeiro poden alcanzar a cantidade de 3.000 euros.

Colaboremos todos previndo algo que logo poidamos lamentar.

Para abundar nas obrigas de limpeza de maleza esta nova acompáñase cun cadro de distancias mínimas ás que deben situarse as especies forestais respecto de distintas explotacións e infraestruturas.

Cadro de Distancias Mínimas

Posts relacionados

Leave a Reply