A Fervenza do Cachón será un tesouro máis accesible

A Fervenza do Cachón será un tesouro máis accesible

O río Barbantiño peitéase nun dos paraxes máis fermosos de Galicia: a Fervenza do Cachón. Dende hai anos, o Concello de Amoeiro considera a este entorno como un dos seus tesouros, procurando investimentos que aquilaten os seus encantos.

A conservación deste lugar é custosa, resultando particularmente complexa nos accesos con pendentes elevadas onde as choivas torrenciais acaban por destruílos a pesares de contar con bases de sábrego e cunetas ben trazadas. Se a elo engadimos as pegadas de vehículos de motor e o incivismo de algunhas persoas, o resultado é un espazo que agocha o seu atractivo a forza de apartarse de nós.

Debido a estas circunstancias, o Concello de Amoeiro presentou un proxecto dirixido a superar as sinaladas eivas, de xeito que a Fervenza do Cachón se poña en valor e sexa accesible non só para a poboación xeral se non tamén para un colectivo que ata o de agora tiña vetada a visión deste espectáculo de auga: as persoas con mobilidade reducida (PMR).

A idea que pronto se fará realidade consiste en intervencións que instalarán bases de lastras e adoquíns en dúas zonas de curvas con alta pendente, así como de áreas de aparcamento e pasarelas que permitirán desfrutar da vista da fervenza as persoas que polas súas dificultades de mobilidade nunca o fixeran.

O resultado de todo elo será un paraíso que atraerá a máis xente e redundará no mellora do benestar social, no turismo e na economía do municipio.

O importe das actuacións a desenvolver é de 52.284,58 €, dos que as arcas municipais aportarán 13.071,14 € (25%), procedendo o resto do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER, 29.410,08 €; 56,25%), de Turismo de Galicia (6.862,35 €:  13,12%) e do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (MAPAMA, 2.941,01€; 5,62%).

A Fervenza do Cachón más bela e próxima que nunca.

Posts relacionados

Leave a Reply