Amoeiro solicita a colaboración da Secretaría Xeral para o Deporte para instalar céspede artificial en A Penafita

Amoeiro solicita a colaboración da Secretaría Xeral para o Deporte para instalar céspede artificial en A Penafita

Despois de recorrer á Deputación de Ourense, o Concello de Amoeiro presentou hoxe ante Marta Míguez Telle, máxima representante da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, unha nova solicitude de céspede artificial para o Campo Municipal de Fútbol de A Penafita.

Marta Míguez

Esta petición, está sobradamente xustificada nun municipio que conta coa maior afección das súas categorías na provincia, con clubes de fútbol de xeito ininterrompido dende a lo menos 1975, coa figura con ficha futbolística de maior idade do país –Pepe Pego, con ben superados os 70 anos-, e coa innovación por bandeira con eventos como o sorteo “Caca de la Vaca”, documentais célebres como “O Premio da Rubia” (producido pola TVG e dirixido polo afamado Director Marcos Nine), e destacado papel nos medios de comunicación escritos e televisivos, incluíndo entre estes últimos TVE, Antena3, Tele5, Canal+, TVG, ESPN e, máis recentemente, no Canal 0 da man de Michael Robinson, Raúl Ruiz e Donato Dasilva.

Porque é de xustiza, pola nosa afección, polos xogadores e as directivas, este concello seguirá a loitar por o noso campo de herba artificial.

Memoria entregada á Secretaría Xeral para o Deporte

A memoria sobre o fútbol en Amoeiro que foi presentada hoxe ante a Secretaria Xeral para o Deporte figura anexa a esta nova.

Posts relacionados

Leave a Reply