Conferencia: “O noso legado e a traxedia dos comúns”

Conferencia:  “O noso legado e a traxedia dos comúns”

O vindeiro sábado 24 de xuño, ás 20:00 horas, Juan Carlos Mejuto Fernández impartirá esta conferencia maxistral na Casa da Cultura do Concello de Amoeiro. Unha actividade considerada por este consistorio como de alto valor medioambiental e pedagóxico, e na que se profundará nas relacións entre as actividades humanas e o seu impacto no medio ambiente.

O relator, dende hai anos veciño deste municipio, naceu en Lugo (1969), é doutor en Ciencias Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela e ocupa unha cátedra de Química Física na Universidade de Vigo.

A súa labor investigadora tamén se desenvolveu na University of Wales at Swansea (País de Gales, Reino Unido) e na Université Denis Diderot (París VII, Francia); neste ámbito conta con máis de 150 artigos publicados en revistas de primeiro impacto, e  dirixiu unha una decena de teses de doutoramento. Na actualidade é un dos investigadores principais do Grupo de Investigacións Agroambientais e Alimentarias (AA1) da Facultade de Ciencias de Ourense.

Instituto de Estudios Masónicos de Galicia

Aparte do seu currículo académico é membro activo da Masonería, na que foi Venerable Mestre da loxia “Curros Enriquez, 114”, de Santiago de Compostela, e a día de hoxe traballa na loxia “Atlántica, 84”, de Vigo, así como no Triángulo Masónico Auriense.

Triángulo Masónico Auriense

Este distinguido investigador e masón brindaranos a oportunidade de achegarnos a un ámbito fundamental de cara á conservación do medio ambiente e do mundo que deixaremos ós nosos herdeiros. Tal legado de nós depende.

A actividade, impartida de xeito altruísta, está organizada polo Instituto de Estudios Masónicos de Galicia e o Triángulo Masónicos Auriense, e conta coa colaboración do Concello de Amoeiro.

Posts relacionados

Leave a Reply