Licitación do Servizo de Bar das Piscinas Municipais para o Verán de 2017

Licitación do Servizo de Bar das Piscinas Municipais para o Verán de 2017

A través desta nova difúndese o anuncio de licitación do Servizo de Bar do Complexo Cívico-Deportivo de Costademonte, que foi aprobado mediante Decreto de Alcaldía do 12 de xuño de 2017, a través de procedemento aberto e trámite de urxencia.

Prego de Contratación

As persoas, empresas ou entidades interesadas en concursar ao devandito servizo deberán aterse ó prego de contratación que aparecen nesta información, así como ó establecido no anuncio de licitación que tamén se adxunta.

Anuncio de Licitación

O prazo de presentación de ofertas será de 8 días naturais contados dende o seguinte á inserción do edicto no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

A apertura deste servizo coincidirá coa apertura das piscinas, que será en data 1 de xullo, pechándose a tempada o 31 de agosto.

As bases incluídas no prego primarán, ademais da oferta económica ou canon, as seguintes melloras:

  • Servizo de xantar
  • Servizo de merenda/cea
  • Acondicionamento da zona de terraza
  • Servizo de parasoles
  • Servizo de hamacas
  • Aquagym
  • Ximnasia ao aire libre
  • Curso de natación

A valoración destas melloras realizarase sobre a base da calidade das mesmas e do seu custe estimado, sendo preciso aportar un cronograma que indique as datas de realización das mesmas. O incumprimento das melloras ofertadas será causa de resolución do contrato e, se é o caso, incautación da garantía (200 €, ver no antedito anuncio de licitación que figura nesta nova).

Posts relacionados

Leave a Reply