Maxia co Mago Manuel Lamas en Amoeiro

Maxia co Mago Manuel Lamas en Amoeiro

O vindeiro 16 de xuño, ás 8 da tarde, o Mago Manuel Lamas presentará o seu espectáculo de maxia “Achégate ao Sexto Sentido” na Casa da Cultura de Amoeiro.

Esta actuación poderase desfrutar de balde, e inclúese no Quinto Circuíto de Cultura no Camiño que financia o espectáculo a través da Axencia Galega de Industrias Culturais e do Concello de Amoeiro.

Este recoñecido artista, con máis de 10 anos de experiencia nos circuítos da maxia, presentará con anterioridade algunhas das súas habilidades máxicas a través dunha serie de trucos que realizará nunha visita ao CEIP Ramón Otero Pedrayo de Amoeiro.

Rapazas, rapaces, nais, pais, avoas, avós e toda a veciñanza de Amoeiro e a súa contorna está convidada a desfrutar dunha actuación que promoverá o desfrute da ilusión durante 75 minutos máxicos.

  

Posts relacionados

Leave a Reply