O Concello de Amoeiro mellorará o alumeado PÚBLICO, e regulará o uso de locais e da Escola 3D

O Concello de Amoeiro mellorará o alumeado PÚBLICO, e regulará o uso de locais e da Escola 3D

IDAE-logoNa sesión plenaria celebrada hoxe, 5 de maio de 2016, o Concello de Amoeiro aprobou, cos votos a favor do Grupo de Goberno (PSdeG-PSOE) e do voceiro de XEIDA (Xente Independente de Amoeiro), a solicitude dunha liña de axudas promovida polo Instituto para a Diversificación e o Aforro de Enerxía (IDAE) por un importe de 407.828 €, cuxo obxecto é substituír 1.258 luminarias obsoletas e de alto consumo polas modernas lámpadas LED, estimándose un aforro de 65.475 € ó ano, de xeito que o préstamo solicitado permitirá anovar o alumeado público, elevar a calidade da visión nocturna e reducir os índices de contaminación por consumo de CO2 e de tipo lumínico, todo elo sen minguar as arcas municipais e cun retorno económico que redundará nas inversións e no benestar da cidadanía de Amoeiro. O PP abstívose neste punto.
Coto Martín 3dAdicionalmente, tamén se aprobou cos votos do Grupo de Goberno unha ordenanza de uso temporal de locais municipais, coa finalidade de racionalizar e optimizar o seu uso e estado de conservación, absténdose a totalidade da oposición neste punto (XEIDA e PP). Así mesmo, tamén se instituíu, vía aprobación do Grupo de Goberno, o regulamento da futura Escola 3D, que está dirixida a promover esta formación de vangarda e de grande utilidade para facilitar a inclusión en diversos eidos laborais (o representante do XEIDA abstívose neste asunto, mentres que os do PP votaron en contra); en breve, abrirase a matrícula para inscribirse nesta moderna escola, e con elo darase paso a novas iniciativas de formación avanzada noutros campos.

Posts relacionados

Leave a Reply