A auga procedente da rede municipal volve a ser apta para o consumo

A auga procedente da rede municipal volve a ser apta para o consumo

Auga AptaDespois da intensa actividade desenvolvida polos técnicos da empresa Viaqua nas instalacións de captación, no bombeo e na rede de subministración municipais, foi posible reducir os niveis de turbidez da auga á normalidade na data de hoxe (24 de febreiro de 2015).

En consecuencia, o líquido elemento procedente da nosa traída É APTO PARA O CONSUMO HUMANO, e a partires da mencionada data podese utilizar con seguridade nos fogares do municipio.

Polo mesmo motivo, xa non será necesario recorrer ó catering contratado polo Concello de Amoeiro para dar cobertura ó servizo de comedor do CEIP Ramón Otero Pedrayo, que retorna, dende mañá, a ser atendido pola súa propia cociña. En calquera caso, o referido catering inscribirase nun protocolo que será utilizado, de acordo co resto da comunidade educativa (mestres e nais/pais), sempre que acontezan problemas desta natureza.

Bando Informativo Solución Turbidez II

Bando Informativo da aptitude da auga para o consumo humano

O Concello de Amoeiro lamenta as molestias ocasionadas, e agradece a comprensión e a paciencia amosadas unha vez máis pola cidadanía amoeirense durante o tempo precisado para superar os problemas extraordinarios de turbidez ocasionados polas crecidas do río Miño. O Bando Informativo que anuncia este nova amósase a continuación.

Posts relacionados

Leave a Reply