Amoeiro acode a Bruxelas na procura de oportunidades de desenvolvemento

Amoeiro acode a Bruxelas na procura de oportunidades de desenvolvemento
Edificio Parlamento Bruxelas

Edificio do Parlamento Europeo en Bruxelas

Mañá luns 25 de xaneiro e tamén durante o día seguinte, a Alcaldía de Amoeiro visitará, xunto a representantes doutras Alcaldías Galegas, distintas sedes da Comunidade Europea en Bruxelas (Parlamento Europeo, Comité das Rexións, Fundación Galicia-Europa, etc.) co obxecto de procurar vías de financiación europea para desenvolver o noso municipio.

Pleno do Comité das Rexións

Pleno do Comité das Rexións

A apertada axenda destas dúas xornadas inclúe información e formación sobre a política de cohesión a cargo de persoal da DG Regio, así como sobre o Fondo Social Europeo e a Iniciativa Xuvenil de Emprego por parte da DG EMPL. Igualmente, recibirase información sobre as vías de financiación europea dispoñibles para proxectos locais na Fundación Galicia Europa e manteranse reunións sobre esta e outras materias no Comité das Rexións.

 

Fundación Galicia EuropaEsta valiosa experiencia informativa/formativa favorece, xunto ó contacto que se establecerá entre os diversos representantes municipais, a creación de proxectos novos, tanto individuais como compartidos, que redundarán no beneficio da nosa comunidade.

O custe destas xornadas é asumido na súa integridade pola Oficina do Europarlamentario Xosé Blanco.

Posts relacionados

Leave a Reply