• Inicio
  • Concello
    • Saúdo do Alcalde
    • Persoeiros de Honra
      • Figuras de Honra
    • Memoria Histórica
  • Municipio
    • Datos de interese
    • Triptico
  • Turismo
    • Patrimonio
      • Arqueostromomía
      • Periodo Prerromano – Castrexo
      • Periodo Romano
      • Patrimonio Religioso
      • Patrimonio Civil
      • Tipoloxía contructiva tradicional
    • Amoeiro en Google Maps
    • Persoeiros históricos
    • Fundación Otero Pedrayo
    • Rutas
      • Ruta dos Pazos Amoeiro
      • Ruta do Rio Barbantiño
      • Ruta Trasalba a Amoeiro
    • Camiño de Santiago
    • Festas e Feiras
    • Área Autocaravanas
    • Enoloxía
  • Servizos municipais
    • Educación
    • Sanidade
    • Cultura
      • Casa da Cultura Amoeiro
    • Instalacións Deportivas
      • Polideportivo Municipal
      • Campo Fútbol Municipal
    • Infancia
      • Acollida temperá 2019-2020
    • Recadación
  • Proxectos
  • Deportes
    • Fútbol
      • Amoeiro C.F.
      • Os Chaos
    • Ciclismo-MtB
      • II BTT Infantil 2023
      • BTT Amoeiro
    • Automovilismo
      • Rallye de Ourense
      • Rally Pazo Tizón (Antigo Lacón)
      • Escudería Amoeiro
    • Taekwondo
    • Amoeiro Futbol Sala
    • Padel
    • Andaina Concello de Amoeiro
Concello de Amoeiro
Concello de Amoeiro

Amoeiro, Ourense, Spain

marzo 28th, 2023
  • Inicio
  • Concello
    • Saúdo do Alcalde
    • Persoeiros de Honra
      • Figuras de Honra
    • Memoria Histórica
  • Municipio
    • Datos de interese
    • Triptico
  • Turismo
    • Patrimonio
      • Arqueostromomía
      • Periodo Prerromano – Castrexo
      • Periodo Romano
      • Patrimonio Religioso
      • Patrimonio Civil
      • Tipoloxía contructiva tradicional
    • Amoeiro en Google Maps
    • Persoeiros históricos
    • Fundación Otero Pedrayo
    • Rutas
      • Ruta dos Pazos Amoeiro
      • Ruta do Rio Barbantiño
      • Ruta Trasalba a Amoeiro
    • Camiño de Santiago
    • Festas e Feiras
    • Área Autocaravanas
    • Enoloxía
  • Servizos municipais
    • Educación
    • Sanidade
    • Cultura
      • Casa da Cultura Amoeiro
    • Instalacións Deportivas
      • Polideportivo Municipal
      • Campo Fútbol Municipal
    • Infancia
      • Acollida temperá 2019-2020
    • Recadación
  • Proxectos
  • Deportes
    • Fútbol
      • Amoeiro C.F.
      • Os Chaos
    • Ciclismo-MtB
      • II BTT Infantil 2023
      • BTT Amoeiro
    • Automovilismo
      • Rallye de Ourense
      • Rally Pazo Tizón (Antigo Lacón)
      • Escudería Amoeiro
    • Taekwondo
    • Amoeiro Futbol Sala
    • Padel
    • Andaina Concello de Amoeiro
  • Follow
    • Facebook
    • Twitter

Amoeiro C.F.

A historia do Amoeiro Club de Fútbol comeza en 1990, froito da unión realizada entre a Agrupación Deportiva Amoeiro e o Atlético Amoeiro.

Para coñecer os máis de 30 anos de historia deste club, que mellor que nos fale del unha das persoas que está máis preto del: Miguel Ángel Fernández González, directivo durante 15 anos, e nos últimos catro realizando as funcións de vicepresidente.

O Amoeiro Club de Fútbol xoga os seus partidos como local no estadio da Penafita, e a vestimenta está conformada por camiseta vermella, e pantalón e medias azuis.

Nestes 32 anos militou en todas as categorías do fútbol rexional en Galicia (Rexional Preferente, Primeira Rexional, Segunda Rexional e Terceira Rexional); actualmente compite na Segunda Autonómica (antiga Segunda Rexional). En Primeira Rexional estivo nun  total de oito tempadas; en Segunda, seis; e en Preferente, tres.

Entre os logros máis importantes do club están un título ligueiro (1993-94); dous ascensos (2003-04); dúas copas Deputación (1991-92 e 1993-94); e unha Copa Deputación B (2003-94).

 

Momentos

Rememorando os mellores momentos, Miguel Ángel Fernández González, deixa claro que as tempadas dos ascensos “son as máis inesquecibles”, sobresaíndo por enriba delas “o ano que se acadou a Liga e Copa (dobre alegría nunha mesma tempada)”. Unha semana de ilusión para os seareiros do club e para todo o Concello de Amoeiro. O día 12 de xuño ascendía e sete días despois (19 de xuño) alzaban ao ceo do estadio do Couto a Copa Deputación. Como non podía ser doutro xeito, os peores momentos “foron eses nos que o equipo descendía de categoría. Momentos tristes, sobre todo para unha afección que apoia incondicionalmente ao seu equipo, sendo unha das 10 de toda a provincia que conta con máis apoio”.

 

 

Personaxes

Despois de lograr en sete días ascenso e Copa, estaba claro que un dos mellores adestradores que pasaron polo banco do Amoeiro foi o artífice do dobrete. “Francisco Romero (quen fora adestrador do extinto Club Deportivo Ourense na Terceira división); estando o equipo en Primeira Autonómica logrou un histórico dobrete sendo campión da Copa Deputación de Ourense e alzándose co título de Liga, ascendendo a Rexional Preferente no ano 1994”, apunta o vicepresidente.

Se se lle pregunta por xogadores, foron moitos e moi bos os que pasaron pola disciplina do club, pero que hai que destacar a algún deles destacan as figuras “dos irmáns xemelgos Javi e Claudio Caride Sotelo (tamén formaron parte do CD Ourense)”, co engadido de que son oriúndos do Concello de Amoeiro.

Actualmente dirixe o club José Antonio Domínguez Prieto, anteriormente pasaron polo cargo homes como Manuel Caride, Jesús Rodríguez Nóvoa, Ricardo Fernández (ocupaba a presidencia o ano do ascenso a Preferente e campión de Copa).

 

Iniciativas curiosas

Pero non todo podería ser fútbol no campo da Penafita. Fai uns anos (concretamente o 25 de febreiro de 2008) argallaron a idea de poñer no mapa mediático ao equipo e ao concello. Para tal fin sacaron a iniciativa que levou por nome “A caca da vaca”; tratábase de dividir o campo en parcelas e alí onde a vaca facía as súas necesidades levaba premio. Lograron o obxectivo, e o éxito foi tal que lograron meter no estadio a 3.000 persoas, ademais de poñer no mapa a Amoeiro e traspasar fronteiras máis aló da nosa comunidade.

Entre os premios que sortearon estaba un coche, un amoblamento dunha casa, unha fin de semana en París, ou unha televisión entre outros premios.

Nestes momentos o equipo está en Segunda Autonómica. Despois de nove anos na mesma categoría o obxectivo é lograr un ascenso que se retrasa no tempo.

Desde aquí, agardamos e desexamos que o Amoeiro CF e a súa afección poidan celebrar máis pronto que tarde o ascenso que tanto merecen.

SEDE ELECTRÓNICA

Sede Electrónica do Concello de Amoeiro

Sede Electrónica do Concello de Amoeiro

  • Inicio
  • Concello
  • Municipio
  • Turismo
  • Servizos municipais
  • Proxectos
  • Deportes
  • Back to top

ENDEREZO

Dirección: Rúa Castor Sánchez Martínez, 2
32170 Amoeiro, Ourense
Teléfono: 988 28 10 00

MAPA

© CONCELLO DE AMOEIRO 2022. Todos os dereitos reservados.